
Programa “Ruptura de Parella, non de Familia” - programa gratuíto -
O Programa “Ruptura de Parella, non de Familia” está dirixido a tódolos membros da familia, especialmente a pais e nais e a fillos e fillas. A través de sesións de carácter individual e nalgúns casos grupais, sempre en función das necesidades e os intereses das familias, búscase axudar a superar a situación de ruptura da maneira máis beneficiosa, reducindo o impacto negativo en menores e adultos.
Este programa será gratuíto durante o ano 2020 grazas á subvención (12.789,21€ para o 2020, 34.524,41€ para o 2019) recibida dende a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia con cargo ao 0,7% do IRPF.
− Axuda ás persoa adultas a entender os cambios que a ruptura de parella produce, así como a afrontalos eficazmente a través da aprendizaxe de habilidades e estratexias concretas.
− Sensibiliza a pais e nais sobre os beneficios que supón para os seus fillos e fillas a colaboración parental, así como sobre as consecuencias negativas derivadas dunha relación interparental conflitiva.
− Explica as vantaxes que a MEDIACIÓN FAMILIAR pode ofrecerlles para lograr o benestar deles e dos seus fillos e fillas.
A FILLOS E FILLAS:
− Axúdalles a entender e a expresar as dúbidas e sentimentos que presentan sobre o proceso de separación.
− Axúdalles a afrontar os problemas relacionados coa ruptura da parella dos seus pais e nais.
− Increméntalles a autoestima e a intelixencia emocional, as estratexias de afrontamento que lles permitan adaptarse á nova situación familiar.