Coordinación de Parentalidade

A intervención en Coordinación de Parentalidade axuda a pais e nais cando teñen  dificultades para desenvolver o seu plan de parentalidade. Tamén cando un ou ambos proxenitores teñan unha problemática que poida poñer en risco aos seus fillos e fillas, e que requira unha supervisión ou intervención especializada.

O prgrama SAFIM de Coordinación de Parentalidade a foi prestado por profesionais, de forma gratuíta para os usuarios, durante o ano 2019 grazas á subvención (27.937,59€) recibida  dende a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia con cargo ao 0,7% do IRPF, pero posteriormente non acadou subvención. Dende o ano 2021 ata xuño de 2023, ofreceuse de acordo ás seguintes condicións:  A primeira sesión, de caracter informativo e onde as partes acordan o inicio do procedemento, é gratuíta.  As seguintes 5 sesións (entendidas como dúas horas de atención, continuada ou fraccionada) os profesionais conveniados cobrarán directamente aos usuarios 40€, e da sexta en adiante 60€. A AGPNS non obtiña ingresos por esta actividade.

¿QUÉ É A COORDINACIÓN DE PARENTALIDADE?

A Coordinación de Parentalidade é definida pola Association of Families and Conciliation Court (AFCC, 2006) como un proceso de resolución do conflito centrado nos menores, no que un profesional con formación especializada asiste aos proxenitores que presentan alta conflitividade na súa relación, ensinándolles a implementar o plan de parentalidade, e a exercer unha parentalidade ou coparentalidade positiva, sen dano aos seus fillos ou fillas.

 

OBXECTIVOS DA COORDINACIÓN DE PARENTALIDADE

Tendo en mente o principio da defensa do Mellor Interese dos fillos e fillas, ten como principal obxectivo mellorar ou axudar a manter unha relación de coparentalidade entre os proxenitores trala ruptura da parella, reducindo o conflito familiar. Nos casos xudiciais, axudar á execución da sentencia.

Se ao longo da intervención o coordinador detecta riscos para os menores ou algún membro da familia, o comunicará ao xulgado

 

¿QUEN É O COORDINADOR DE PARENTALIDADE?

É un profesional con formación especializada e experiencia en mediación familiar que posúe, entre outros,  coñecementos sobre:

  • O impacto da ruptura da parella tanto nos proxenitores coma nos fillas/os.
  • Os factores de risco e protección que poder influir no axuste dos membros da familia trala ruptura da parella.
  • As dinámicas familiares en procesos de ruptura de rarella.
  • As situacións e problemáticas específicas que poden interferir no exercicio da  parentalidade positiva (violencia familiar, de xénero, maltrato infantil, problemas de adición, enfermidade mental).
  • As competencias, estratexias e técnicas de mediación familiar.
  • Os plans e os procedementos específicos de coordinación de parentalidade.

O coordinador de parentalidade ha ser quen de manexar situacións derivadas de:

  • Desconfianza/Hostilidade irracional entre os proxenitores.
  • Detección de practicas parentais inaxeitadas.
  • Reunificación dos fillos/as separados dun proxenitor.
  • O establecemento dun vínculo positivo con un proxenitor que no se ocupou ata este momento.
  • O establecemento da relación ou contacto do menor coa familia extensa materna ou paterna.

 

¿CÁNDO PODE INTERVIR O COORDINADOR DE PARENTALIDADE?

O Coordinador de Parentalidade pode intervir por demanda xudicial ou a petición de nais e pais.

O Coordinador de Parentalidade pode intervir en situacións familiares de carácter especial, entre outras:

  • Abuso de sustancias dos proxenitores.
  • Problemas de saúde mental.
  • Necesidades especiais dos proxenitores ou fillos/as.
  • Historia de violencia familiar.

 

BENEFICIOS PARA AS FAMILIAS

  • Axuda ás familias a pacificar as relacións familiares, axudándolles a resolver oportunamente as súas disputas.
  • Promove nos proxenitores a coparentalidade ou a parentalidade positiva, segundo o caso.
  • Promove o benestar dos menores, axudando aos proxenitores a centrarse nas necesidades dos seus fillos e fillas.
  • Elimina ou minimiza as demandas xudiciais, incluso cando os proxenitores teñen abertos procedementos xudiciais.
  • Axuda a controlar a violencia intrafamiliar e de xénero