Blog
  • Nova edición do Programa “Ruptura de Parella, non de Familia” en formato grupal
    O próximo 27 de setembro de 2019 dará comezo a nova edición do Programa “Ruptura de Parella, non de Familia” en formato grupal. O programa grupal está destinado a familias inmersas en procesos de separación ou divorcio, co obxectivo de normalizar as relacións familiares, así como mellorar o afrontamento e a adaptación de todos os membros á nova situación familiar. Poderán participar conxuntamente cos seus fillos aquelas persoas que realizasen anteriormente ou estean a realizar actualmente as sesións individuais do programa. Para este fin, desenvolveranse 6 sesións grupais, diferenciándose grupos de adultos e de menores.